SORA
HELENA SALGUEIRO & MASAKO HATTORI
Un xogo de cartas de Masako Hattori e Helena Salgueiro
O que tes entre as mans ou diante do ollar é un xogo de cartas. A baralla está disposta (cartas-poemas, cartascorpo, cartas-ensaio, cartas-citas, cartas-paisaxe
). No xogo da escritura performativa, as dúas autoras botamos as cartas no papel en branco ao azar, no intre que queiramos, dende o lugar que queiramos. Hai momentos do xogo, chamados composicións a catro mans, nos que botamos as cartas en tempo real, pero a distancia. En ocasións, con miles de quilómetros entre nós, unha na Galiza, a outra no Xapón. Desfruta do xogo.
Masako Hattori. Nada en Xapón é Licenciada en Artes plásticas polo Colexio Universitario de Kyoto e Licenciada na Escola Superior de Arte de Aix-en-Provence, Francia, nas especialidades de Vídeo-Arte, Debuxo, Son e Performance. Despois de traballar en Xapón como deseñadora gráfica e profesora adxunta no Colexio Universitario de Arte e Deseño de Kyoto, trasládase a Francia para ampliar os seus estudos de Belas Artes onde se especializa na performance, da man de Jean-Paul Thibeau, Cristope Haleb e outros artistas e bailaríns. Na actualidade, ademais das súas instalacións e proxeccións en festivais, colabora con compañías de teatro e danza en Portugal, Bélxica, Francia e España, para as que realiza creación, performance e vídeo-escenográfico. Crea a súa propia compañía de arte escénico multidisciplinar, KOKOHARUKA en 2017 en Santiago de Compostela.
Helena Salgueiro, nada no 1995/ performer, directora escénica, poeta, dramaturga e investigadora/ vive na Galiza. A súa paixón pola intermedialidade lévaa a estudar literatura e linguística, teoría e crítica literarias, danza, dramaturxia, música e violín, teatro físico en universidades, escolas de danza, estadías e cursos de companhías de teatro entre Galiza, Francia, Escocia, Dinamarca, Polonia. O seu traballo focalízase na performatividade do corpo a través do movemento e a linguaxe, flutuando entre creacións máis escénicas, escritura e performance ou arte visual. Ten amosado os seus proxectos artísticos en Galiza, Portugal, Suecia, Reino Unido e Arabia Saudí. Coa súa propia companhía, que ve a luz en 2022 e na que dirixe e actúa, ofrece producións escénicas, resultando nunha mestura de danza, performance, arte contemporáneo, poesía e teatro físico. Salgueiro tamén dirixe obras de teatro para outras organizacións, performa en solitario ou colabora internacionalmente con arquitectas, desenhadoras, artesás, artistas, directoras de cine, investigadoras, etc.
www.helenasalgueiro.com
